Aberto o prazo para o curso de Marketing Dixital e Cooperativismo das Pontes
TerraChaXa
Xa está aberto o prazo de inscrición para anotarse no curso de Marketing Dixital, Empregabilidade e Cooperativismo no Concello das Pontes.
9 Ago 2021
Xa está aberto o prazo de inscrición para anotarse no curso de Marketing Dixital, Empregabilidade e Cooperativismo no Concello das Pontes.
Está deseñado para mozos de entre 18 e 29 anos e que esten interesados na xestión de redes e a creación de páxinas web. Ademais, os participantes poderán gañar a oportunidade de conseguir axuda da Deputación da Coruña para o desenvolvemento da súa cooperativa durante un ano.
As cooperativas gañadoras terán titorización de profesionais de EY en materias como xestión e captación de clientes.
A formación terá lugar nas Pontes do 17 de setembro ao 17 de decembro. Para inscricións haberá que consultar a seguinte ligazón.