Aberto o prazo para participar no 3º Concurso de Postais de Nadal en Meira

TerraChaXa
O certame, dirixido a persoas de todas as idades, manterá o prazo aberto ata o 26 de novembro e a entrega de premios celebrarase o día 27
MEIRA-concurso-postais-nadal
8 Nov 2026

O Concello de Meira, en colaboración coas Asociacións Meirenses, vén de anunciar a terceira edición do Concurso de Postais de Nadal, unha iniciativa aberta á participación de persoas de todas as idades que busca fomentar a creatividade e o espírito destas festas.

As persoas interesadas poden presentar as súas creacións ata o 23 de novembro, depositándoas no buzón habilitado diante do Centro. A postal gañadora converterase na felicitación oficial do Concello de Meira deste Nadal, e tamén se poderán adquirir exemplares impresos.

A entrega do premio terá lugar o venres 27 de novembro no propio Centro, coincidindo coa celebración do acendido do alumeado de Nadal, que marcará o inicio das festividades no municipio.

As bases completas do concurso poden consultarse mediante o código QR incluído no cartel, no taboleiro de anuncios (diante da Casa de Cortón), na web do Concello ou na Oficina de Turismo de Meira.

0.14549016952515