Abraham Cupeiro actúa este domingo na casa-museo de Manuel María

TerraChaXa | LugoXa
Este domingo, 12 de maio, ás 18.
9 May 2024

Este domingo, 12 de maio, ás 18.30 h, a Casa-Museo Manuel María acolle o concerto-monólogo Resoando no pasado, de Abraham Cupeiro.

Resoando no pasado é unha colección de instrumentos que o músico sarriao mostrará durante o espectáculo ao público asistente, e levándoo, a este, ao pasado máis remoto da nosa especie a través dos sons dos instrumentos de vento.

Desde unha pequena frauta de óso (46OOO a.c) até un grande Sousaphone orixinal do século XIX. Na colección, están representados instrumentos de todas as familias, lugares e épocas. Ao longo do concerto, todos eles resorán de novo e darán lugar a interesantes anécdotas, que achegarán á parte máis humana dos instrumentos musicais.

Resoando no pasado é un proxecto para todos os públicos, para que xa non quedan entradas ao quedaren esgotadas tan pronto como se anunciou o evento.

O sábado a Casa-Museo acolle este sábado a fase final do Concurso escolar de videopoemas

Fin de semana intenso o da Casa-Museo Manuel María, pois alén do concerto de Abraham Cupeiro, este sábado, a partir das 11 h, celébrase a fase final da VIIª edición do Concurso escolar de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María. Actividade esta, en que se exhibirán publicamente os doce videopoemas finalistas, entre os máis de medio centenar que se presentaron a concurso, e en que se determinará cales son os dous mellores traballos.

O concurso ten como finalidade a potenciación da creatividade artística, a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe, e o coñecemento e difusión da obra de Rosalía e Manuel María, e participan mozas e mozos de Secundaria e Bacharelato de distintos centros educativos das catro provincias galegas.

0.15666890144348