Abre a inscrición da IV edición da Quedada Lagoa de Cospeito para o 12 de xuño

TerraChaXa
O BTT Lagoa de Cospeito celebrará o 12 de xuño a cuarta edición da súa quedada anual, cita que non se puido celebrar os pasados dous anos.
quedada lagoa cospeito btt
quedada lagoa cospeito btt
22 Maio 2022

O grupo BTT Lagoa de Cospeito celebrará o 12 de xuño a cuarta edición da súa quedada anual, cita que non se puido celebrar os pasados dous anos debido á pandemia do coronavirus.

Quedou mal sabor de boca non poder celebralo xa que as primeiras edicións tiveron unha gran aceptación por parte dos deportistas, que fixeron un percorrido por carballeiras e camiños de varias parroquias do concello, incluindo tamén sendeiros pola beira do río Támoga.

A sesión terá lugar a partir das 9.00 horas e haberá dúas rutas de percorrido, unha de 50 quilómetros con 900 metros de desnivel e outra de 40 con 700 de desnivel, ambas as dúas de dificultade media-baixa.

Ademais, está organizada un xantar que será ás 15.00 horas.

Os interesados en participar xa ponden anotarse a través deste enlace ao que se accede a través das redes sociais dos organizadora, BTT Lagoa de Cospeito. O prezo da quedada é de 15 euros e con xantar sobe a 25 e as prazas son limitadas.

Os participantes contarán con avituallamentos, duchas, lavado de bicis e cervexa gratis.

0.12202382087708