Abre a inscrición da V edición da Quedada Lagoa de Cospeito

TerraChaXa
O BTT Lagoa de Cospeito celebrará o 10 de xuño a quinta edición da súa quedada anual, cita que non se puido celebrar os pasados dous anos.
quedada lagoa cospeito quinta edicion
quedada lagoa cospeito quinta edicion
1 jun 2023

O grupo BTT Lagoa de Cospeito celebrará o 10 de xuño a quinta edición da súa quedada anual.

A sesión terá lugar a partir das 9.00 horas e haberá dúas rutas de percorrido, unha de 50 quilómetros con 900 metros de desnivel e outra de 40 con 700 de desnivel, ambas as dúas de dificultade media-baixa.

Ademais, está organizada un xantar que será ás 15.00 horas.

Os interesados en participar xa ponden anotarse a través das redes sociais dos organizadora, BTT Lagoa de Cospeito. O prezo da quedada é de 15 euros e con xantar sobe a 30 e as prazas son limitadas.

Os participantes contarán con avituallamentos, duchas, lavado de bicis e cervexa gratis.