Abre a inscrición para o obradoiro de cestaría creativa de Roupar

TerraChaXa
Consistirá nun obradoiro de Cestaría creativa, que terá lugar os domingos 26 de marzo e 2 de abril, en horario de 16:00 a 20:00 horas.
OBRADOIRO CESTARIA CREATIVA ROUPAR PORTADA
OBRADOIRO CESTARIA CREATIVA ROUPAR PORTADA
16 mar 2023

A Reserva da Biosfera Terras do Miño ten unha programación trimestral de actividades que se levan a cabo, fundamentalmente, no Centro de Interpretación Terras do Miño no municipio de Lugo. Estas iniciativas ofrécenlles aos cidadáns unha alternativa lúdica e formativa totalmente gratuíta e que achega á poboación coñecementos sobre os valores naturais existentes na Reserva.

Coa intención seguir promovendo iniciativas como esta, que, ademais de servirlle aos veciños e veciñas como alternativa de ocio, pon de manifesto a riqueza medioambiental desta Reserva da Biosfera, tamén haberá unha actividade no Concello de Xermade.

A actividade consistirá nun obradoiro de Cestaría creativa, que terá lugar os domingos 26 de marzo e 2 de abril de 2023, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Será impartido no local da Asociación de Veciños do Campo de Roupar, sendo necesaria e obrigatoria a inscrición previa vía telefónica no teléfono do Concello de Xermade, o 982 501 002.

As prazas serán limitadas e asignadas por orde de chamada. O prazo de inscrición comeza hoxe, 16 de marzo.

OBRADOIRO CESTARIA CREATIVA ROUPAR