Abre a inscrición para un nuevo obradoiro de estimulación cognitiva e memoria en Guitiriz

TerraChaXa
Haberá dous grupos, un en Parga e outro en na propia capitalidade
actividades-memoria-guitiriz
24 Sep 2026

O Concello de Guitiriz abrirá o vindeiro luns, 28 de setembro, o prazo de inscrición para participar no Taller de Estimulación Cognitiva e da Memoria, unha actividade orientada a traballar e reforzar diferentes capacidades cognitivas a través de exercicios e dinámicas prácticas e amenas.

As sesións estarán centradas en aspectos como a atención, a concentración, a memoria, a lóxica e a ximnasia cerebral, con actividades deseñadas para estimular as capacidades cognitivas e favorecer o seu mantemento.

O taller contará con dous grupos, un en Guitiriz e outro en Parga. En Guitiriz, as sesións desenvolveranse os venres ás 11:30 horas na Escola Habanera, cun inicio previsto para o venres 16 de outubro. Pola súa banda, en Parga terá lugar os xoves ás 11:00 horas na Escola das Nenas, comezando o xoves 15 de outubro.

O prazo para formalizar as inscricións permanecerá aberto ata o 9 de outubro ou ata completar o aforo. As persoas interesadas poderán realizar a inscrición presencialmente no Concello de Guitiriz ou a través da sede electrónica municipal. O modelo de solicitude está dispoñible para web municipal.

0.14058399200439