Abre a inscrición para varios cursos no IES Castro da Uz das Pontes

TerraChaXa | LugoXa
O IES Plurilingüe Castro da Uz das Pontes acollerá este mes varios cursos da AFD dirixidos a desempregados para os que o prazo de inscrición está aberto.
futbolin rabade 2019 2
8 Feb 2021

O IES Plurilingüe Castro da Uz das Pontes acollerá este mes varios cursos da AFD dirixidos a desempregados para os que o prazo de inscrición está aberto.

Un dos cursos será sobre operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos, de nivel I e de 328 horas d duración.

Está dirixido a persoas desempregadas inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego. Non se esixen requisitos académicos nin profesionais. O alumando aprenderá a realizar operacións auxiliares de mantemento na área de electromecánica, cumprindo coas especificacións técnicas, en condicións de seguridade e baixo a supervisión dun técnico de nivel superior.

Tamén haberá un curso de fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial de nivel II e de 608 horas. Está dirixido a persoas desempregadas inscritas como demandante no Servizo Público de Emprego. As persoas aspirantes deberán reunir ter o título de ESO e un certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder, ter certificado de profesionalidade de nivel 1, ter o acceso aos ciclos formativos de grado medio ou á universidade para maiores de 25 años o 45 años.

O alumando aprenderá a realizar operacións de elaboración, ensamblaxe e montaxe de tubos, accesorios e elementos incorporados, así como operacións básicas de unión, seguindo os procedementos establecidos, interpretando planos e documentación técnica, atendendo e respectando en todo momento os estándares de calidade, ambiente e prevención de riscos laborais.

As inscricións poden facerse na Oficina de Emprego das Pontes ou mesmo informarse no 881 930 001 ou na secretaría do instituto.

 

0.17711091041565