Abre a matrícula da UNED Sénior de Guitiriz

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz abre o luns, 5 de setembro, o prazo de inscrición da UNED Sénior, dirixida a persoas de máis de 50 anos.
uned senior guitiriz portada
uned senior guitiriz portada
4 sep 2022

O Concello de Guitiriz abre o luns, 5 de setembro, o prazo de inscrición da UNED Sénior. Esta actividade vai dirixida a persoas de máis de 50 anos que queren seguir formándose.

Nesta ocasión, a UNED contará coas asignaturas de música e inglés.

As persoas interesadas poderán anotarse no Concello de Guitiriz ata o 26 de setembro na sede do Concello, chamando ao teléfono 982 370 109 ou no mail info@concellodeguitiriz.com.

uned senior guitiriz
0.10052084922791