Abre a matrícula da UNED Sénior

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz abre hoxe, 22 de setembro, o prazo de inscrición da UNED Sénior, dirixida a persoas de máis de 50 anos.
cartel uned senior portada
cartel uned senior portada
22 sep 2021

O Concello de Guitiriz abre hoxe, 22 de setembro, o prazo de inscrición da UNED Sénior. Esta actividade vai dirixida a persoas de máis de 50 anos que queren seguir formándose.

Nesta ocasión, a UNED contará coa asignatura de música, ademais das novas deste ano; pintura e manualidades.

As persoas interesadas poderán anotarse no Concello de Guitiriz do 22 ao 30 de setembro na sede do Concello ou chamando ao teléfono 982 370 109.

CARTEL UNED SENIOR
0.17427515983582