Abre a preinscrición para as escolas deportivas de fútbol sala de Guitiriz

TerraChaXa
O prazo para facer novas inscricións estará aberto ata o vernes 12 de xullo
preinscricion-futbol-sala-guitiriz
Cartel
26 Xuño 2024

O Concello de Guitiriz abriu este mércores 25 de xuño, o prazo de preinscrición para novas matrículas nas Escolas Deportivas Municipais de Fútbol Sala de cara ao curso 2024/2025.

As persoas interesadas en anotarse poderán facelo ata o venres 12 de xullo a través da sede electrónica municipal ou ben de forma presencial no Rexistro da casa do concello.

As categorías serán: Biberón (nados/entre 2019 e 2020), Prebenxamín (2017 e 2018), Benxamín (2015 e 2016), Alevín (2013 e 2014), Infantil (2011 e 2012), Cadete (2009 e 2010) e Xuvenil (2006, 2007 e 2008).

0.1813440322876