Abre ao público tres días á semana o CIN de Bretoña

TerraChaXa
Será os luns, mércores e venres, de 10.00 a 14.00 horas
CIN-Bretona-nova-exposicion-decembro-2021-(11)
Unha imaxe do CIN
10 Xul 2024

Esta semana mudaron os horarios nos centros públicos que xestiona o Concello da Pastoriza.

Así o Centro de Interpretación de Bretoña, que ampliou a finais de verán o horario, recupera a atención tres días á semana, os luns, mércores e venre,s de 10.00 a 14.00 horas.

Pola súa banda, o novo Centro de Interpretación do Alto Miño, situado ante a lagoa de Fonmiñá, na Pastoriza estará aberto para visita libre os martes, xoves e sábados de 10.00 a 14.00 horas.

Despois, para calquera información ou reservas nestes dous centros para grupos o teléfono de contacto é o 982 332 197.

Ademais, a biblioteca municipal abrirá todas as tardes de luns a venres en horario de 15.00 a 21.00 horas.

 

0.17530107498169