Abre en Guitiriz unha mostra sobre emerxencia climática

TerraChaXa
A entrada é de balde e poderá visitarse desde o 8 de xullo ata o 30 de agosto, de 9 a 14 horas
cartel-exposicion-emerxencia-climatica
Cartel
4 Xul 2024

A Casa Habanera acollerá desde o próximo luns, 8 de xullo, ata o venres 30 de agosto a exposición Emerxencia climática, de Roxelio P. Moreira, o director dos cursos de verán sobre Paisaxe da USC que cada ano se celebran en Guitiriz.

A mostra reflicte algúns dos efectos que está a ter o cambio climático, que xa se evidencia como unha ameaza real. "Maniféstase, por exemplo, no quecemento da atmosfera e das augas mariñas, ou na paulatina subida do nivel do mar, ou no derretemento dos xeos glaciares, ou nunha maior frecuencia, intensidade e duración dos eventos meteorolóxicos extremos, así como noutras anomalías climáticas.
Estamos ante un novo e incerto escenario que comportará indubidables consecuencias sociais, económicas e ambientais, ou mesmo na paisaxe. Por iso que nos atopamos nunha auténtica Emercencia Climática".

A entrada é de balde e poderá visitarse de luns a venres, de 9 a 14 horas, na biblioteca pública municipal Casa Habanera.

0.18161678314209