Abre no auditorio vilalbés unha mostra de aves

TerraChaXa
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando cos actos que durante os meses de febreiro e marzo ten programados en homenaxe a Rosalía de Castro baixo o título de Quero ver o mar-Homenaxe a Rosalía, abriu a exposición As aves de Galicia, de Deigo Montenegro Rivas.
exposicion aves galicia portada
22 Feb 2024

O Instituto de Estudos Chairegos, continuando cos actos que durante os meses de febreiro e marzo ten programados en homenaxe a Rosalía de Castro baixo o título de Quero ver o mar-Homenaxe a Rosalía, abriu a exposición As aves de Galicia, de Deigo Montenegro Rivas.

Estará aberta ao público na sala de exposicións do auditorio ata o 12 de marzo de 2024.

Diego Montenegro Rivas, gran afeccionado e estudoso das aves, expón, no corredor do Edificio A do centro, esta escolma de fermosas fotografías de aves de Galicia que podemos atopar na nosa contorna. Nela atópanse fantásticas instantáneas de paxaros próximos a nós, rulas, bubelas, mouchos, patos e cegoñas entre outros.

0.099088907241821