Abre o luns o prazo para inscribirse no programa de prácticas en empresas de Outeiro de Rei

O Concello de Outeiro de Rei remitiu recentemente unha carta a mozos e mozas do municipio con idades comprendidas entre 16 e 18 anos informando da próxima apertura do prazo de inscrición na iniciativa Deseñando o teu futuro XI co obxecto de que poidan aproximarse ao ámbito social-laboral facilitándolles unha experiencia que lles permita decidir na súa traxectoria formativa e profesional; o prazo de inscrición estará aberto do día 14 ao 18 de xullo.
Na relación de empresas acolledoras ás que poden optar as persoas interesadas figuran un zoolóxico, estación de servizo, carpintería metálica, centro deportivo, residencia de mascotas, fabricación de pan, supermercado, gandeiría e varios talleres.
Pódese obter máis información no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local ou chamando ao 982 393 382.