Abre o luns un novo prazo para inscribirse nas actividades de Guitiriz Concilia

TerraChaXa
En concreto, quedan dispoñibles cinco prazas no Concilia Tardes de Lagostelle e dúas no Madrugador de Parga, que se ofertarán neste novo período de inscrición
NEDA nenos
1 Nov 2026

O Concello de Guitiriz abrirá do 2 ao 5 de novembro un novo prazo de solicitude para cubrir as prazas vacantes do programa Guitiriz Concilia para o curso 2026/2027.

En concreto, quedan dispoñibles cinco prazas no Concilia Tardes de Lagostelle e dúas no Madrugador de Parga, que se ofertarán neste novo período de inscrición.

As solicitudes poderán presentarse entre o 2 e o 5 de novembro, ambos os dous incluídos, tanto de xeito presencial como a través da Sede Electrónica do Concello.

O calendario do proceso continuará o 9 de novembro, coa publicación da listaxe provisional de persoas admitidas. As familias deberán realizar o pagamento correspondente o 12 de novembro, mentres que a listaxe definitiva de persoas admitidas se publicará o 13 de novembro.

0.15559387207031