Abre o prazo de inscrición na casa niño A Croa de Riotorto

TerraChaXa | AMariñaXa
A Casa Niño A Croa de Riotorto ten aberto o prazo de preinscrición para o vindeiro curso. Dito prazo permanecerá aberto ata o 21 de abril
casa nino pequeno xogar nenos
casa nino pequeno xogar nenos
14 abr 2024

A Casa Niño A Croa, situada no centro de Riotorto, ten aberto o prazo de preinscrición para o vindeiro curso. Dito prazo permanecerá aberto ata o 19 de abril e para poder facer a reserva pode contactarse co centro a través de Facebook, no propio edificio, situado na praza das Rodrigas, nos baixos da Casa Consistorial, ou contactar con Azurine no 660 778 459 ou no correo casanidoacroa@gmail.com.

A Casa Niño A Croa é un espazo educativo de atención á infancia dirixido a nenos con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos, mediante o cal se facilita a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral.Comprende a atención específica das necesidades básicas de alimentación, hixiene e descanso de acordo coas idades dos pequenos e a contribución ao seu desenvolvemento físico, motor, afectivo, intelectual e social.

Ten un máximo de cinco prazas co obxectivo de que os pequenos poidan desfrutar dun espazo máis familiar e dunha atención máis individualizada.

É un proxecto con carácter gratuíto na modalidade de atención diurna de luns a venres.

A Casa Niño abriu as súas portas no mes de marzo do 2018, nas instalacións da antiga biblioteca, e cubriu a totalidade das prazas no seu primeiro ano. A súa necesidade fíxose imperiosa ao non ter o Concello un lugar para o coidado dos pequenos xa que tampouco ten o número necesario de nenos para unha gardería.