Abre o prazo de inscricións no campamento de verán de Cospeito

O Concello de Cospeito contará este ano de novo cun campamento de verán nas instalacións do CPI Virxe do Monte dirixido a nenos de entre 4 e 16 anos de idade.
O campamento será nos meses de verán e nel desenvolveranse actividades de lecer e recreativas ao aire libre, xogos de todo tipo, busca do tesouro e xogos de auga, ademais de xornadas culturais con teatro, cine ou periodismo.
O horario será de mañá, de 8.30 a 14.30 horas de luns a venres para o que hai 55 prazas ou de de 8.30 a 16.30 con xantar con outras 25.
O prezo será de 100 euros ao mes no primeiro caso e de 320 euros tamén ao mes para os que xanten no campamento.
O prazo de inscrición abre este luns, día 1, e poderán facerse ata o 5 de xuño nas oficinas municipais situadas na casa consistorial pola mañá ou a través da sede electrónica.