Abre o prazo de matrícula para o PAI de Pol

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Esta pode facerse nas oficinas do Concello, no propio PAI ou na sede electrónica
nenos-xogando
Nenos xogando
30 Jun 2026

O Concello de Pol abre o mércores o prazo de matrícula para o curso 2026/2027 no Punto de Atención á Infancia (PAI), para nenos maiores de 3 meses e menores de 4 anos que xa fixeron a reserva de praza e que están todos admitidos.

As crianzas que xa estiveran anos anteriores, presentarán xustificante de ingresos económicos actuais (renda, nóminas, xustificantes de pensións,...).

A matrícula pode facerse ata o día 15 nas oficinas do Concello, no propio PAI ou na sede electrónica.

0.10533595085144