Abre o prazo de presentación ao concurso de curtametraxes do Festival de cine de música de Roca

TerraChaXa
A organización vén de convocar a quinta edición do concurso de curtametraxes do Festival de cine de música de Roca, que vai ter lugar os días 27 e 28 de xullo de 2018 na aldea de Roca, en Guitiriz.
cinederoca
11 Apr 2018

A organización vén de convocar a quinta edición do concurso de curtametraxes do Festival de cine de música de Roca, que vai ter lugar os días 27 e 28 de xullo de 2018 na aldea de Roca, en Guitiriz.

O prazo de entrega de curtametraxes é ata o 15 de maio, habendo dúas categorías, unha de curtametraxes galegas e outra de fóra de Galicia, cun premio en metálico en cada categoría de 100€ e un trofeo a cargo dun artesán da comarca.

Importante é a temática musical das curtametraxes, que caracteriza o festival. De feito, nel poden participar todas as persoas que o desexen que sexan maiores de 18 anos.

Entre os requisitos para participar está o feito de que as obras presentadas teñen que ser de antes do 1 de xaneiro de 2014, a duración das mesmas non pode exceder os 30 minutos e teñen que presentarse con copia en DVD ou a través de plataformas dixitais.

Un ano máis, a asociación Xermoles será a encargada de xestionar este concurso no que haberá unha preselección das obras que finalmente irán a concurso cos votos do público.

0.16196894645691