Abre o prazo de solicitude das axudas As Pontes Emprende
O Concelo das Pontes abriu o prazo para solicitar as achegas municipais do programa As Pontes Emprende á creación de empresas para o ano 2019.
Ao igual que nas edicións anteriores, o programa ten como obxectivo incentivar a creación de novos proxectos empresariais e fomentar a actividade empresarial, a través da posta en marcha de pequenas e medianas empresas, respaldando a novos autónomos para que poidan afrontar o reto de establecerse como traballardores por conta propia e crear o seu proxecto empresarial, contribuíndo, deste xeito, á xeración de emprego no ámbito municipal.
O goberno local destinará a estas axudas un orzamento de 80.000 euros. O programa As Pontes Emprende contempla dúas liñas de actuación, ambas cun importe máximo de 2.000 euros. A liña Impúlsate está destinada a sufragar os gastos de alugueiro mentres que a través da liña Instálate cubriranse os gastos de inmobilizado material e inversión na adecuación de locais para a posta en marcha da actividade.
Para acceder a estas achegas é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello https://sede.aspontes.com/es/index.html, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria. O prazo para solicitar as achegas remata o 30 de novembro de 2018.
As bases para solicitar estas axudas poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia 212 con data 7 de novembro de 2019, na páxina web www.dicoruna.es