Abre o prazo de solicitude do servizo de podoloxía para este ano en Begonte
TerraChaXa
Para poder acceder a este programa unicamente é necesario ter máis de 65 anos e estar empadroado no Concello
Atención podolóxica
30 Jun 2024
O Concello de Begonte ofrecerá de novo este ano un servizo de podoloxía aos seus veciños de idade avanzada.
Para poder acceder a este programa unicamente é necesario ter máis de 65 anos e estar empadroado no Concello.
Os interesados en sumarse deberán presentar a súa solicitude no servizo de atención podolóxica a partir do 1 de xullo.
Será necesario acudir ás oficinas municipais para asinar a solicitude.
Este servizo ten como obxectivo prestar unha atención podolóxica básica ás persoas maiores de cara a favorecer o seu benestar integral.