Abre o prazo e inscrición para as vacantes das Escolas Deportivas Municipais de Guitiriz

TerraChaXa
As persoas interesadas poderán inscribirse en tantas disciplinas deportivas como desexen, sempre que existan prazas dispoñibles
escolas-deportivas-guitiriz
15 Oct 2026

Ábrese hoxe, día 15, o prazo de solicitude para cubrir as prazas vacantes nas diferentes disciplinas das Escolas Deportivas Municipais 2026/2027 que dispoñan de prazas libres. O prazo permanecerá aberto ata o 31 de maio.

As persoas interesadas poderán inscribirse en tantas disciplinas deportivas como desexen, sempre que existan prazas dispoñibles. No caso de que non haxa vacantes na actividade solicitada, pasarán a formar parte dunha lista de agarda e permanecerán nela ata que se libere algunha praza.

Para a incorporación ás actividades, as solicitudes formalizadas antes do día 25 de cada mes permitirán comezar no mes seguinte.

As inscricións poderán realizarse a través da sede electrónica ou de xeito presencial no Concello.

Deste xeito, as persoas interesadas terán a oportunidade de incorporarse ás Escolas Deportivas Municipais ao longo da tempada, en función das prazas dispoñibles nas distintas disciplinas.

0.16827797889709