Abre o prazo en Meira para solicitar o servizo de conciliación para o vindeiro curso

TerraChaXa
O horario será polas mañás, de 8.00 a 9.10 horas e polas tardes, de 14.45 a 17.30 horas
Nenos no comedor escolar
5 Sep 2026

En vista do éxito dos anos anteriores, o colexio de Meira contará de novo cun servizo de conciliación familiar neste curso 2026-2027, para aquelas familias que o necesiten antes da entrada do colexio ou á saída.

O Concello, sabendo a importancia que ten a conciliación, dispuxo este servizo de forma gratuíta para as familias dos colexios e, para iso, contou coa axuda da dirección do centro e da propia asociación de pais.

O horario será polas mañás, de 8.00 a 9.10 horas e polas tardes, de 14.45 a 17.30 horas e poden asistir todos os rapaces dende 4º de infantil ata 6º de primaria.

As persoas que desexen información poden solicitala no teléfono 629 302 039 e a inscrición debe realizarse antes do luns 7 na casa da cultura en horario de 9.00 a 13.30.

0.15839004516602