Abre o prazo en Vilalba para pedir os permisos para as fogueiras de San Xoán

TerraChaXa
O prazo para a presentación de comunicacións responsables rematará o domingo 23 de xuño ás 14.00 horas
fogueira-san-xoan-guitiriz
Fogueira
9 Jun 2024

O Concello vén de abrir o prazo para facer a comunicación responsable que deberán presentar todas as persoas interesadas en realizar a fogueira na noite de San Xoán.

Deste xeito, os/as veciños/as terán a obriga de comunicalo á administración municipal a través dunha Instancia Xeral na Sede Electrónica ou presencialmente no Rexistro Xeral do Concello.

Ademais, toda a veciñanza deberá cumprir a normativa de seguridade que implica que a fogueira deberá manter a distancia pertinente con respecto a outros elementos, sen superar os 3 metros de alto e os 4 de ancho, non se poderán queimar elementos perigosos, protexerase o chan con area e contarase cun sistema de extinción de incendios, as persoas solicitantes responsabilizaranse dos danos e deberán vixiar a fogueira e en caso de vento, as fogueiras deberán apagarse

O prazo para a presentación de comunicacións responsables rematará o domingo 23 de xuño ás 14.00 horas.

0.15594506263733