Abre o prazo para inscribirse no obradoiro gratuíto ‘Recicla e repara’

TerraChaXa
Desenvolverase os días 4, 5 e 6 de novembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, na Escola Habanera de Guitiriz
obradoiro-recicla-e-repara
21 Oct 2026

O Concello de Guitiriz informa da apertura do prazo de inscrición para participar no obradoiro ‘Recicla e repara’, unha actividade gratuíta dirixida a persoas adultas que busca fomentar a reutilización e a reparación de materiais e obxectos en desuso, dándolles unha segunda vida.

A iniciativa, organizada pola Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera Terras do Miño, conta coa colaboración do Concello de Guitiriz e pretende promover hábitos máis sostibles, apostando polo aproveitamento dos recursos e pola redución de residuos a través da creatividade e da reparación.

O obradoiro desenvolverase os días 4, 5 e 6 de novembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, na Escola Habanera de Guitiriz.

As persoas interesadas poderán inscribirse do 21 ao 28 de outubro, de xeito presencial nas dependencias do Concello ou chamando ao teléfono 982 370 109, en horario de 8:30 a 14:30 horas.

As prazas son limitadas e terán preferencia as persoas empadroadas no municipio.

0.14889216423035