Abre o prazo para participar na Festa dos Xubilados de Outeiro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
O prazo para recoller as invitacións, tanto na Casa da Cultura como a través dos alcaldes de barrio, permanecerá aberto ata o 26 de xuño
festa-maiores-xubilados-outeiro-de-rei
15 Jun 2026

O Concello de Outeiro de Rei organiza a tradicional Festa dos Xubilados, que terá lugar o venres día 3 de xullo na área recreativa de Santa Isabel. A festa contempla a celebración dunha misa solemne diante da capela de Santa Isabel ás 13:30 horas, xantar na carballeira e actuación do dúo Estrellas.

Todas as persoas con dereito a participar na devandita festa, é dicir, persoas xubiladas empadroadas neste municipio, poderán anotarse nas oficinas da Casa da Cultura (xunto ao colexio) de 10:00 h a 14:30 h ou ben dando os seus datos ao Alcalde de Barrio da súa parroquia antes do día 26 de xuño; en todo caso, deberán facer o abono dos 5  euros que custa a invitación e achegar o número do DNI; as persoas menores de 65 anos deberán presentar xustificante de ser pensionista.

As persoas acompañantes que non estean xubiladas deberán aboar os 30 euros da súa tarxeta.

O prazo para recoller as invitacións, tanto na Casa da Cultura como a través dos alcaldes de barrio, permanecerá aberto ata o 26 de xuño; todas as persoas que asistan á festa deberán ir provistas dunha invitación.

0.14569282531738