Abre o prazo para un curso sobre atención a persoas dependentes en Guitiriz e Xermade

TerraChaXa
Celebrarase na Escola Habanera de Guitiriz os días 18 e 19 de novembro
maiores-recurso
7 Nov 2024

Abre o prazo para inscribirse no curso Atención hixiénico sanitaria para persoas dependente, que se realizarán en conxunto os concellos de Guitiriz e Xermade.

As inscricións estarán abertas ata o venres 15 de novembro en cada concello, pero o curso celebrarase na Escola Habanera de Guitiriz. Constará de dúas xornadas os días 18 e 19 de novembro de 16:30 a 19:30 horas.

Trátase dun curso homologado, polo que conta con certificado oficial para todas as persoas que completen as dúas sesións.

Pódese solicitar máis información chamando ao teléfono dos Servizos Sociais do Concello de Guitiriz, no número 982 37 01 09, ou chamando ao número dos Servizos Sociais do Concello de Xermade, no 678 74 41 78.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17943787574768