Abre o proceso selectivo para contratar un educador social nas Pontes
O concello das Pontes abriu o proceso selectivo para a contratación dun educador familiar coa publicación, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e a páxina web do Concello, das bases que rexerán esta convocatoria de emprego público.
O obxecto da convocatoria é a selección dunha persoa funcionaria interina e a constitución e funcionamento dunha lista de agarda para contratar a un educador/a familiar para desenvolver o programa de emerxencia social e inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, actividade subvencionada pola Consellería de Política Social.
O sistema de selección será o concurso oposición e podrá presentarse calquera persoa maior de idade que estea en posesión da titulacións de diplomado/a en educación social, graduado/a en Educación Social, primeiro ciclo da titulación de licenciado/a en Pedagoxía ou Psicoloxía ou Psicopedagoxía ou graduado/a ou licenciado/a en Pedagoxía, Psicoloxía ou Psicopedagoxía
As solicitudes poderán presentarse ata o 12 de febreiro, incluído no Rexistro Xeral do Concello en horario de 8.30 a 14.00 horas (de luns a venres). Tamén poderán presentarse por calquera dos medios admitidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (LPACAP).
Para obter máis información consultar o BOP 19 do 29 de xaneiro de 2020 ou a páxina web do Concello.