Abre ao público tres días á semana o novo CIN do Alto Miño

TerraChaXa
Será os martes, xoves e sábados en horario de mañá
horario-cin-alto-mino
Cartel
3 Xul 2024

Esta semana abriu ao público o Centro de Interpretación do Alto Miño, situado ante a lagoa de Fonmiñá, na Pastoriza.

O centro poderá visitarse libremente os martes, xoves e sábados, de 10.00 a 14.00 horas. Despois, para calquera información ou reservas para grupos o teléfono de contacto é o 982 332 197.

O CIN foi concibido para albergar un centro versátil que se utilizará, segundo os casos, aula da natureza, espazo de lectura, lugar de contemplación, museo. En consecuencia, interiormente será un espazo polivalente, pouco compartimentado, con fácil adaptación ás distintas necesidades de exposición ou actividades que vaian xurdindo co tempo e que se irán definindo co mesmo.

0.12545394897461