Abre hoxe, mércores, o segundo prazo de inscrición ás Escolas Deportivas Municipais de Vilalba para o curso 2022-2023, que teñen como obxectivo fomentar os programas deportivos, especialmente en idade escolar.">

Abre o segundo prazo de inscrición para as escolas deportivas de Vilalba

TerraChaXa

Abre hoxe, mércores, o segundo prazo de inscrición ás Escolas Deportivas Municipais de Vilalba para o curso 2022-2023, que teñen como obxectivo fomentar os programas deportivos, especialmente en idade escolar.

horarios escolas deportivas vilalba
horarios escolas deportivas vilalba
11 ene 2023

Abre hoxe, mércores, o segundo prazo de inscrición ás Escolas Deportivas Municipais de Vilalba para o curso 2022-2023, que teñen como obxectivo fomentar os programas deportivos, especialmente en idade escolar.

As actividades creadas impulsan a actividade física, un dos piares de mantemento e mellora da saúde, mais aínda nun tempo de pandemia que implicou unha diminución dos niveis de práctica deportiva.

O prazo de inscrición para este novo curso abarca dende este hoxe ata o 20 de xaneiro. As inscricións poden realizarse telematicamente a través da Sede Electrónica.

A través da Sede Electrónica do Concello de Vilalba, os usuarios/as deberán ter certificado dixital, DNI electrónico ou outro método de identificación deste tipo. Tamén pode facerse presencial no rexistro xeral do Concello de Vilalba situado nas Oficinas Xerais no 1º andar en horario de 9:00 a 14:00 horas.

A oferta abrangue a tódalas quendas e actividades agás en ximnasia rítmica (quenda 1) e en Pilates (quendas 1, 2, 3 e 4) nas que xa non hai vacantes.

Ademais, ábrese un prazo para solicitar a baixa nestas Escolas Deportivas a través das seguintes canles: de xeito telemático a través da sede electrónica ou no correo electrónico deportes@vilalba.es e presencial no rexistro xeral.