Abre un proceso selectivo nas Pontes para operarios e peóns

TerraChaXa
As Pontes abriu o proceso selectivo para a constitución dunha lista de espera de operario/a peón da escala de Administración especial.
APROLRURAL emprego traballo operario peon
25 Maio 2021

O Concello das Pontes abriu o proceso selectivo para a constitución dunha lista de espera de operario/a peón da escala de Administración especial, Subescala de Servizos Especiais, Clase Persoal de Oficios (Agrupacións  Profesionais, antes grupo E).

As persoas aspirantes deberán reunir, entre outros, os seguintes requisitos; ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa, posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das funcións do posto e non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.  Ademais debe estar en posesión da titulación de lingua galega seguinte: CELGA 2 ou equivalente. Este requisito será, no seu caso, substituído pola proba de avaliación.

O proceso selectivo realizarase a mediante concurso-oposición. A fase de oposición consistirá na realización dun único exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, cuxo contido versará sobre unha proba práctica relativa a: recoñecemento, identificación e manexo de ferramentas e útiles de traballos, mantemento de mobiliario urbano e limpeza e roce (desbroce) de beirarrúas.

A fase de concurso será posterior a de oposición. So accederán á fase de concurso as persoas candidatas que superen a fase de oposición e únicamente serán obxecto de valoración os servizos prestados en postos de natureza semellante, servizos prestados como peón, operario/a ou similar, na administración pública e servizos prestados como peón, operario/a ou similar, na empresa privada.

As solicitudes, xunto coa documentación xustificativa dos méritos que se valorarán na convocatoria poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, cita previa nos teléfonos 667 12 93 89/667 12 93 80, ata o 31 de maio, inclusive.

Para obter máis información consultar o BOP 93 do 20 de maio de 2021 ou a páxina web do Concello https://concello.aspontes.org/emprego-publico/

0.15304088592529