Abre a inscrición en Guitiriz para a actividade Ioga con apoios

TerraChaXa
A sesión de portas abertas terá lugar o 12 de xuño na Casa Barxa e as persoas participantes dividiranse en dous grupos
taller-ioga
Ioga
1 Xuño 2024

Este luns, 3 de xuño, o Concello de Guitiriz abrirá o prazo de inscrición para participar, de xeito gratuíto, na actividade Ioga con apoios. Outra versión de ioga, que se levará a cabo o mércores 12 de xuño na Casa Barxa.

A xornada, que será de portas abertas para que as persoas interesadas poidan probar esta actividade, dividirase en dous grupos. O primeiro, de 19 a 20 horas, e o segundo, de 20 a 21 horas. As prazas estarán limitadas a un máximo de 15 participantes por grupo.

O prazo para anotarse remata o venres 7 de xuño e asignaranse as prazas por rigorosa orde de inscrición. Pode formalizarse de forma presencial na casa do concello ou chamando ao teléfono 982 370 109.

Para realizar a actividade o único que debe levarse é unha manta e un taco de ioga (quen o teña).

0.18158507347107