Abren ao público as novas piscinas de Outeiro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
O acceso ás piscinas é completamente gratuíto para todos os públicos durante toda a fin de semana
piscinas-outeiro-de-rei
Novas piscinas de Outeiro de Rei
3 Ago 2024

O Concello de Outeiro de Rei abriu as novas piscinas municipais este venres 2 de agosto ás 17:00 horas.

O acceso ás piscinas é completamente gratuíto para todos os públicos durante toda a fin de semana.

"Convidamos a todos os veciños e visitantes a gozar destas modernas instalacións e a refrescarse nun ambiente familiar e seguro", explicaron desde o Concello.

O proxecto é un exemplo destes traballos de desenvolvemento dos espazos municipais ao permitir a creación dunha nova área de ocio nunha parcela de preto de 2.700 metros cadrados de superficie, na zona de Santa Isabel, ao carón do río Miño. Nel a Xunta investiu 770.000 euros e o Concello os 330.000 euros restantes.

As obras incluíron a instalación de dúas piscinas -unha de uso infantil e outra para adultos-, unha zona destinada a usos complementarios con aseos vestiarios e área de enfermaría, un edificio polivalente para unha cafetería con espazo para almacén, cociña e baños así como un centro de BTT cunha zona de taller para reparar bicicletas, unha área exterior de lavado e aseos.

 

0.17389011383057