Ábrese un novo prazo en Guitiriz para solicitar o traslado de pequenos ás actividades extraescolares

TerraChaXa
As solicitudes poderán presentarse de xeito presencial no Concello ou a través da Sede Electrónica ata o venres 23
autobus-escolar-transporte
20 Oct 2026

Esta semana ábrese un prazo extraordinario para solicitar o Servizo Concilia de traslado de crianzas ás actividades extraescolares. Poderán presentar a súa solicitude as familias cuxas crianzas fosen admitidas en actividades deportivas fóra do prazo ordinario ou que sufrisen modificacións.

O prazo estará aberto desde o martes, 20 de outubro, ás 8:30 horas, ata o venres, 23 de outubro, ás 14:30 horas. As solicitudes poderán presentarse de xeito presencial no Concello ou a través da Sede Electrónica.

O servizo é totalmente gratuíto. No caso das novas crianzas admitidas, comezará o 26 de outubro e prolongarase ata o 31 de maio.

0.14751100540161