Abriu o prazo de alegacións ao regulamento do novo ximnasio de Guitiriz

TerraChaXa
As instalacións, situadas na nave do SENPA xunto ás pistas de pádel, contan con zona de cardio, musculación e peso libre
novo-ximnasio-senpa-guitiriz
19 Apr 2026

O Concello de Guitiriz ten aberto o prazo de alegacións para a aprobación inicial do regulamento do ximnasio municipal, que abriu as súas portas o pasado 4 de marzo.

A normativa inicial pode consultarse nesta ligazón e as alegacións poden presentarse ata o 25 de maio.

As instalacións están situadas na nave do SENPA, xusto ao carón das actuais pistas de pádel, consolidando esta área como un gran complexo deportivo para a veciñanza.

Para fomentar que os veciños e veciñas coñezan e proben estas novas instalacións, o Concello estableceu que o uso do ximnasio sexa totalmente gratuíto durante os dous primeiros meses. Unha vez transcorrido este período de proba, e tras a aprobación do regulamento correspondente, establecerase o prezo público definitivo.

O sistema de acceso será dixital e moi intuitivo. Para poder facer uso da maquinaria, os usuarios deberán reservar a súa praza previamente a través da aplicación móbil Reservaplay, a mesma plataforma que xa se está a empregar con éxito para a xestión das reservas das pistas de pádel Ademais, ao mesmo tempo habilitarase na aplicación a opción de reservar para xogar a tenis de mesa na propia nave do SENPA.

O novo espazo está deseñado para cubrir as necesidades tanto de principiantes como de deportistas máis experimentados, e divídese en varias áreas de traballo con maquinaria de calidade: equipamento de cardio (cintas de correr, bicicletas e máquina de remo); de musculación (máquinas de placas, poleas, prensa e estacións multifunción); de peso libre (gaiola para sentadillas, bancos e mancuernas).

0.1155219078064