Acordo entre comité de empresa e Alcoa para suspender a folga e negociar a venda

TerraChaXa | AMariñaXa
Acordo entre comité de empresa e Alcoa para suspender a folga e negociar a venda da fábrica á  Sepi. Falta só o refrendo dos traballadores
puntolimpocospeito
puntolimpocospeito
18 Xan 2021

Tras varias intercambios de posturas e reunións, o comité de empresa e a dirección de Alcoa San Cibrao chegaron a un principio de acordo para que os traballadores suspendan a folga que manteñen desde outubro e a factoría inicie a negociación da venda da fábrica á  Sepi, Sociedade Estatal de Participacións Industriais.

Só falta un pequeno paso para dar para adiante ao acordo, e é o referendo por parte dos traballadores en votación durante estes días.

Unha vez que se confirme por parte dos traballadores e a empresa firme, haberá dúas semanas para remitir á Sepi unha proposta de termos xerais.

Segundo o acordo ao que chegaron, a dirección comprométese a negociar de boa fe coa Sepi e a manter a continuidade da produción do complexo da Mariña. Tamén informará da evolución das negociacións tanto ao comité como á Xunta e ao Ministerio de Industria nunha mesa multilateral que se convocará unha vez ao mes.

Entre outros aspectos destacados do acordo, Alcoa só poderá parar cubas en emerxencia do mesmo xeito que non poderá facer extincións de contratos.

Por parte dos traballadores figura unha medida central, o compromiso de suspendre a folga e manter a paz social facilitando á factoría evitar as perdas económicas que lles está a provocar o impedimento á saída de material.

0.14674997329712