Actuación do Mago David Méndez no Vicedo

TerraChaXa | AMariñaXa
25 dic 2020

A A.V. San Román do Vicedo quere poñer o seu granito de area e contribuír ao apoio do celectivo da cultura grazas á area de Cultura da Deputación de Lugo a través do seu programa Cultural de Nadal 2020.

O próximo domingo 27 de decembro ás 18:00 h, na casa da cultura do Vicedo estará o Mago David Méndez co seu espectáculo Badabín Badabam. “Unha actuación de maxia diferente onde podes ser espectador e aprender os principios da maxia ao mesmo tempo. Participa e ilusiónache, vendo como funcionan trucos e impresionantes efectos. Unha actuación máxica, na que ou espectador ao final aprende xogos fáciles e eficaces”, explican dende a organización.

Aplicarase o protocolo covid e limitarase a asistencia a 60 persoas. Recoméndase reservar praza no WhatApp 649 41 89 02.