Adega fará unha ruta polas Fragas do Eume en Muras o 16 de xuño

LugoXa | TerraChaXa
Os roteiros de Adega-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades
ruta-fragas-do-eume-adega-muras
Cartel
8 Xuño 2024

Adega-Lugo retoma o vindeiro domingo 16 de xuño o programa de roteiros 2023/24 As motañas gardiás da nosa historia, cunha ruta circular á sombra das fragas do Eume, no concello de Muras. A lonxitude será de 12 quilómetros e a dificultade media-baixa.

O autobús chegará ata a área recreativa da Veiga, ao pé do Eume no núcleo de Muras. Subirán ao Burgo e meteranse por  un camiño que transcorre paralelo ao río (río Abaixo). Preto da aldea da Beira do Río subirán entre frondosas ata Carracedo. Dende este lugar seguirán cara á aldea etnográfica de Carelle Grande a través de camiños entre pasteiros. Dende aquí tomarán o camiño de volta cara ao Burgo e Muras, por unha ruta inicialmente de monte baixo e, despois, de novo, por unha frondosa fraga. Para finalizar achegaranse pola beira do río dende a área recreativa da Veiga ata uns carballos de gran porte.

O autobús sairá ás 9 horas dende Lugo e estará de volta sobre as 19 horas (o horario de regreso pode variar).

Os roteiros de Adega-Lugo están abertos á participación de público de todas as idades, aínda que os socios e socias de ADEGA gozarán de desconto no prezo, así como as persoas que están estudando, en situación de desemprego ou menores de 14 anos. O prezo inclúe o autobús e seguro de accidentes.

O prezo é de 15 euros para socios, 17 para estudantes ou en paro e de 14 euros para nenos ata 14 anos.

Para participar na ruta é necesario reservar praza antes do venres 14 de xuño a través da web de Adega (adega.gal) ou chamando ao 982240299.

0.18254399299622