Adiada a San Silvestre das Pontes polas previsións meteorolóxicas

TerraChaXa
O Concello das Pontes anunciou que este ano non se celebrará a tradicional carreira San Silvestre das Pontes.
29 dic 2022

O Concello das Pontes anunciou que este ano non se celebrará a tradicional carreira San Silvestre das Pontes.

Segundo indicaron os organizadores "por motivo da previsión metereolóxica, con fortes refachos de vento e debido á imposibilidade de poder instalar os elementos e estruturas necesarias para a celebración da carreira, vémonos na obriga de pospoñer a carreira".

A intención é celebrala unha vez comece o novo ano e nos próximos días darase a coñecer a data.

A carreira fora xa convocada para dar comezo a partir das 16:30 horas, cun percorrido urbano, con diferentes distancias segundo categorías, con premios para os primeiros clasificados e chocolate con churros para todas as persoas participantes.

Tamén estaba prevista unha andaina popular, pero non iniciaran todavía o proceso de inscrición.