Adxudicadas as obras das vías de acceso ao barrio de Picoi, en Árbol, e Abelaira, en Corvelle

TerraChaXa
Ámbalas dúas foron ás máis demandadas pola veciñanza da parroquia
modesto-renda-diante-das-obras
Modesto Renda diante da vía de Árbol
9 Xuño 2024

Adxudicada a obra de rexeneración completa da vía de acceso ao barrio de Picoi, na parroquia de Árbol, por valor de 10.714,86 euros.

"Outra máis que necesaria actuación", explicou o concelleiro de Infraestruturas, Modesto Renda, aprobada por unanimidade no último Pleno Ordinario, "e cuxa importancia se deriva da grande circulación de vehículos e maquinaria en dirección a vivendas, parcelas e explotacións agrogandeiras da zona".

Ademais, esta nova obra foi xunto ás das vías de acceso ao Gardado e á Bereda, "a máis solicitada pola veciñanza da parroquia dende que asumín a Vicealcaldía" dixo Renda.

Tamén foron adxudicadas as obras de rexeneración completa da vía que lle dá acceso ao barrio da Abelaira, en Corvelle, por valor de 12.400 euros.

Obra tamén aprobada tamén por unanimidade no último Pleno, "e cuxa importancia se deriva da grande circulación de vehículos lixeiros, pesados e maquinaria de todo tipo en dirección ás vivendas, explotacións e parcelas agrícolas ás que dá servizo", explicou.

Ademais, esta actuación foi a máis solicitada por parte da veciñanza da parroquia na reunión que celebraron hai meses na Casa da Escola.

0.18382096290588