Adxudicado o proxecto de reforma do centro de saúde de Meira

TerraChaXa
A Consellería de Sanidade publicou, na súa páxina web, a adxudicación da contratación dos servizos de redacción do proxecto básico e de execución e dirección da obra de ampliación e reforma do centro de saúde de Meira, na provincia de Lugo, á empresa Ezcurra e Ouzande, por un importe de 127.
centro de saude meira
2 Xan 2023

A Consellería de Sanidade publicou, na súa páxina web, a adxudicación da contratación dos servizos de redacción do proxecto básico e de execución e dirección da obra de ampliación e reforma do centro de saúde de Meira, na provincia de Lugo, á empresa Ezcurra e Ouzande, por un importe de 127.050 euros.

Con esta obra, o Executivo galego pretende a ampliación da área do centro de saúde para resolver necesidades de espazo, coa dotación dunha consulta de enfermería de pediatría, unha sala de toma de mostras, unha de técnicas, unha sala polivalente, así como mellorar a área de admisión e crear un área de persoal, con sala de estar, biblioteca e vestiarios.

Tamén se pretenden mellorar as instalacións do Punto de Atención Continuada en canto á recepción/admisión, sala de espera de pacientes, área de persoal, e unha sala de críticos, para unha superficie total de ao redor de 410 metros cadrados.

Sinalar que o número de tarxetas sanitarias adscritas a esta infraestrutura sanitaria sitúase en torno ás 1.780 como centro de saúde e 10.000 como PAC.

0.046930074691772