Afalu imparte este venres en Muras un taller de novas tecnoloxías

TerraChaXa
Afalu imparte este venres en Muras un taller de novas tecnoloxías dentro da unidade preventiva que abriu na localidade.
obradoiro novas tecnoloxias muras_portada
obradoiro novas tecnoloxias muras_portada
24 Feb 2022

O pasado 3 de decembro Afalu puxo en marcha a Unidade Preventiva no Concello de Muras seguindo así co seu compromiso “de achegar os recursos dos que dispón as áreas máis rurais e, deste xeito, traballar na prevención das demencias neurodexenerativas, evitar a soidade non desexada e, en definitiva, mellorar a calidade de vida das persoas maiores”.

Dentro das actividades que organiza o grupo este venres, 25 de febreiro, terá lugar na unidade preventiva un obradoiro de novas tecnoloxías, que se realizará no horario e instalacións do servizo, de 17:00h a 18:30h na Casa do médico de Muras.

"Hoxe en día, as novas tecnoloxías vólvense esenciais para o día a día, tanto para estar informados, manexar o noso diñeiro do banco, ver e falar cos nosos seres queridos… Usar o mobil, as tablets, os ordenadores... permítennos estar conectados co que nos rodea. A pandemia fixo desta situación unha necesidade. Por iso, imos facer un repaso do uso das novas tecnoloxías e aprender aquelas cousas que máis nos poden axudar no día a día", explica a organización.

Afalu naceu no ano 2002 coa finalidade de desenvolver iniciativas que permitan mellorar a calidade de vida dos familiares e dos enfermos que padecen alzhéimer.

0.19775414466858