Afammer organiza en Muimenta un taller de primeiros auxilios

TerraChaXa
Os obxectivos do curso céntranse en adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos
curso-de-primeiros-auxilios-rabade-portada
23 Nov 2024

Muimenta acolle un obradoiro de primeiros auxilios dirixido a mulleres maiores de 18 anos que terá lugar na igrexa Vella desta localidade o 25 de novembro de 16.00 a 21.00 horas. Está organizado por Afammer, Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural e Xotramu.

Os obxectivos do curso céntranse en adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos e en aclarar dúbidas referentes os primeiros auxilios.

Explicarase como activar o protocolo 112, a asistencia inicial ante un traumatismo, feridas, hemorraxias, convulsións, crises epilépticas, dificultade respiratoria (ansiedade, crise asmática), dor torácica, queimaduras e escaldaduras, perdas de coñecemento, hipoglucemias, reaccións alérxicas, intoxicacións, reanimación cardiopulmonar básica en adultos e infancia, atragoamentos e recoñecemento dunha PCR.

As inscricións poden realizarse no teléfono 605 487 844.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18292593955994