Afouteza de Abadín organiza o seu primeiro obradoiro de cociña

TerraChaXa
Terá lugar o venres 12 de xullo, de 20.30 a 22.30, na Nave de Cristal
obradoiro-cocina-afouteza-abadin
Cartel
7 Xul 2024

A Asociación de Mulleres Rurais Afouteza de Abadín organiza o primeiro obradoiro de cociña da man do Chef Alberto Saavedra, que ensinará a cociñar uns espectaculares pratos e sobremesas para logo poder degustalos.

Terá lugar o venres 12 de xullo, de 20.30 a 22.30, na Nave de Cristal, en Gontán. Todo aquel que queira asistir deberá pagar un prezo de cinco euros, no caso dos socios, e de 10 euros os que non o sexan.

A data límite para inscribirse é ata o 11 e, para facelo, hai que chamar aos teléfonos 630 528 742 ou 619 331 655.

0.13820195198059