Agarimo celebra este venres un taller sobre alimentación saudable

TerraChaXa
A sesión estará ao cargo de Paz Otero, nutricionista e naturópata cun máster en medina natural
obradoiro-alimentacion-saudable-agarimo
26 sep 2024

A asociación Agarimo de Santaballa convocou un taller de alimentación saudable, que se celebrará este venres, 27 de setembro, de 17.30 a 20.30 horas na Liga Santaballesa.

A sesión estará ao cargo de Paz Otero, nutricionista e naturópata cun máster en medina natural pola Universidade de Santiago de Compostela.

Esta proposta é unha oportunidade de reestruturar a dieta, lembrar cousas, aprender outras novas, nun ambiente divertido e distendido con cabida para todas as persoas interesadas, con gratos encontros, transcorre de xeito ameno e enriquece con novas achegas e visións sobre algo tan básico e e importante como a nutrición.

O taller ten un prezo de 5 euros para socias e de 10 para as non socias.

0.13148307800293