AGCT organiza unha xornada sobre a conservación da natureza a través da xestión de montes comunais

TerraChaXa
O vindeiro sábado 14 de outubro o C.
Monte.
11 Out 2017

O vindeiro sábado 14 de outubro o C.E.N Casa das Insuas acolle a xornada "Montes comunais: oportunidades para a conservación da natureza" organizada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio que contará con especialistas para expoñer iniciativas de conservación do patrimonio natural na xestión dos montes comunais co obxectivo de analizar as posibilidades que estas propiedades, que supoñen máis do 25% da superficie territorial de Galicia, presentan para a conservación da natureza en Galicia.

Inscricións: www.custodiadoterritorio.org/actividades

Información: custodiadoterritorio@gmail.com ou no teléfono 620 593 892.

Programa
-10:00 Apuntes legais sobre os montes comunais. Pilar Orol (Tenzas)

-10:30 Sistemas comunais de gobernanza e conservación da natureza. Xosé Carlos Morgade (presidente de Iniciativa Comunais).

-11:00 Xestión en común da terra, un modelo sostible de conservación e desenvolvemento rural en Zonas Especiais de Conservación. Marco Rubinos (3edata)

-11:30 Pausa café

-12:00 Experiencias de conservación do patrimonio natural na xestión dos montes veciñais: Teis e Froxán. Alfonso Pazos (MVMC de Teis)/Joám Evans (SHCS de Froxán)

-12:40 A custodia do territorio e os montes comunais. Asociación Galega de Custodia do Territorio

-13:00 Coloquio “Oportunidades para a conservación da natureza nos montes comunais”.

0.1567280292511