Agro Pena da Vila organiza un magosto popular o 31 de outubro en San Pedro de Vilalvite

LugoXa | TerraChaXa
O prazo para adquirir as entradas remata o 25 de outubro
magosto-vilalbite
12 Oct 2026

A Asociación de Veciños Agro Pena da Vila celebrará o vindeiro 31 de outubro un magosto popular no Campo da Festa de San Pedro de Vilalvite, a partir das 21:00 horas, nunha xornada que combinará gastronomía, música e convivencia.

A celebración contará cunha carpa para os asistentes e ofrecerá un menú composto por empanada, xamón cocido, chourizos, pementos, sobremesa, pan, bebida, café e castañas.

O prezo do menú será de 10 euros para os socios da asociación e de 20 euros para os non socios. No caso dos nenos de entre 7 e 12 anos, o prezo será de 10 euros, mentres que os menores de 7 anos poderán asistir de balde.

A parte musical correrá a cargo do Dúo Principal, que ofrecerá unha actuación durante a celebración para amenizar a noite.

As persoas que adquiran a entrada participarán ademais nun sorteo sorpresa. Para reservar e recoller as entradas será necesario contactar con Ana, no teléfono 686 43 00 89, ou con Inés, no 681 29 11 40. O prazo para adquirir as entradas remata o 25 de outubro.

A actividade está organizada pola Asociación de Veciños Agro Pena da Vila e conta coa colaboración do Concello de Friol.

0.14343404769897