Agromuralla mostra a sús disconformidade cos prezos do leite en orixe, que se negocian estes días

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | FerrolXa | OurenseXa
Noelia Rodríguez afirma que, de manterse os prezos á baixa, o volume de produción seguirá en descenso, ocasionando escaseza de produción
vaso-de-leite-recurso
29 Jul 2026

A Asociación agrogandeira AGROMURALLA, mostra as súas queixas polos prezos do leite en orixe, na renovación dos contratos do leite que se están levando a cabo nestas datas.

Tras a baixada dos prezos en orixe na renovación no mes de marzo pasado, a industrias lácteas manteñen os prezos igual que nos contratos ata o de agora vixentes, a única industria que fala de subida é Naturleite, ó firmar os contratos a cinco meses dos cales, tres meses mantén o prezo vixente e os outros dous con suba de dous céntimos litro.

Dende AGROMURALLA, critican que os prezos se manteñan como nos últimos catro meses cando os custos de producción seguen subindo, non se viron reducidos na proporción que se viu reducido o prezo do leite, e “as expectativas a curto prazo non son alentadoras posto que non se espera unha redución dos custos de produción, sobre todo se temos en conta as malas previsións de recolección de forraxe, de seguir o verán seco como ata agora”, afirma Noelia Rodríguez, presidenta de AGROMURALLA.

“Non entendemos que estando os custos de produción tan altos, os prezos do leite non se equilibren”, din dende AGROMURALLA.

“Cando se renovaron os contratos no mes de marzo pasado, as industrias lácteas apelaban a que non lles daban os resultados económicos ó pagar o leite en orixe a un prezo tan elevado, e que non podían aguantar eses prezos. Neste momento somos os gandeiros ós que non nos dan os números e o peche de granxas vaise acelerar pois a previsión actual en canto ós efectos da sequía que temos, fai pensar en que haxa moitas granxas que aceleren o seu peche ó ser antieconómica a súa actividade.”

Os índices de referencia dos mercados lácteos á alza

Tamén critican que as industrias manteñan a tendencia á baixa cando os índices de referencia tanto da UE como internacionais veñen reflectindo subidas nos últimos meses.

FrieslandCampina comunicou unha suba do prezo de 1,25€/100kg para o mes de agosto, ascendendo a 46,21€/100kg.

Pola súa banda, o Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou o día 23/7/2026 as cotizacións da terceira semana de xullo dos produtos lácteos destacando a clara recuperación dos prezos: mantequilla +3% nas últimas 4 semanas; leite desnatada en pó +1,5%; leite enteiro en pó +3%; queixo cheddar +3,4%.

E non podemos esquecer o mercado lácteo italiano, onde hai escasas dúas semanas o leite spot alcanzaba os 50,52€/100 litros, o que supón un incremento semanal do 9,1%.

Dende AGROMURALLA tamén critican que non se teña en conta o descenso da produción de leite que se ven apreciando dende o mes de abril pasado, a consecuencia da baixada acusada dos prezos na última renovación de contratos. “Non temos mais que lembrar as palabras do Sr. Javier Roza, novo presidente da FENIL, quen fai uns días dixo que hai falta de producción de leite”, afirman. Tamén afirmou que non fan falta gandeiros, “preguntámonos quen vai muxir as vacas se non hai gandeiros, que cada vez somos menos os que quedamos. Indirectamente estannos obrigando a abandonar a nosa actividade”, afirma Noelia Rodríguez.

O volumen de produción vai seguir baixando porque a previsión é que as granxas non aguanten a presión da situación actual do mercado cos prezos á baixa, polo que aumentará a ritmo de peche de granxas.

Os prezos do mercado da carne tamén inflúen nas granxas de leite

No mercado da carne tamén se está dando unha baixada importante nos prezos, o que ten un impacto directo nas economías das granxas de leite pois inflúe directamente nos prezos dos xatos e dos animais de desvelle.

Dende o pasado mes de abril, que se deu a baixada acusada nos prezos do leite, “as granxas lácteas non aguantan os animais mais vellos, en canto baixan a produción a volumes non rendibles, van a matadoiro, cando antes se mantiñan na granxa aínda que non producisen moito volume de leite”.

Dende AGROMURALLA afirman que a baixada dos prezos da carne en orixe tamén está sendo unha consecuencia directa das políticas relativas á dermatose nodular contaxiosa, que mantén pechado o mercado con Marrocos, e tamén é a primeira consecuencia do tratado UE – MERCOSUR que presiona os mercados á baixa, tal como era previsible.

O pasado mes de xaneiro, a Asociación AGROMURALLA, xunto coa Asociación de Gandeiros Galegos da Suprema, organizaron mobilizacións na cidade de Lugo para protestar contra a firma do Tratado UE – MERCOSUR. Daquela afirmaban que temían pola baixada dos prezos da carne en orixe debido á entrada masiva de carne procedente do MERCOSUR, a uns prezos cos que non poden competir os gandeiros españois, ademais de ser producida baixo unhas normativas moito mais laxas e permisivas que as que temos na UE.

Neste momento, no que se puxo a funcionar o Tratado provisionalmente, á espera do que resolva o Tribunal de Xustiza da UE sobre a legalidade do mesmo, “xa estamos notando as primeiras consecuencias, non só nos prezos, senon na calidade dos produtos que veñen do MERCOSUR”, afirman dende AGROMURALLA.

As industrias seguen sen cumprir coa normativa

Dende AGROMURALLA tamén denuncian que as industrias lácteas seguen sen cumprir coa normativa, pois apenas dúas das industrias que operan maioritariamente en Galicia, foron as que presentaron as ofertas cos dous meses de antelación que o Regulamento regulador do paquete lácteo esixe, o resto de industrias esperaron ó último momento, sen presentar as ofertas e acompañando estas ós contratos, de xeito que non permiten que os gandeiros poidan negociar os prezos do leite en termos de igualdade.

0.12011504173279