Aguias, en Muras, acolle unha mostra fotográfica da malla de Antón Beiras

TerraChaXa
Esta mostra é a primeira actividade do colectivo Legado Activo Beiras Cal que pretende darlle continuidade a estas dúas figuras locais
a-malla-de-pascual-exposicio-anton-beiras
Unha das fotografías da exposición
21 Jul 2024

O colectivo Legado Activo Beiras Cal abrirá unha exposición de fotografías de Antón Beiras este mércores día 24 de xullo na aldea das Aguias en Muras.

Esta mostra é a primeira actividade deste colectivo que pretende darlle continuidade ao compromiso do oculista Antón Beiras e a pedagoga Antía Cal coa súa terra, co progreso e os valores da tolerancia e a democracia.

A mostra leva por título A malla de Pascual, 1957 e poderá visitarse entre o 24 de xullo e o 27 de outubro nunha antiga caseta de Correos dun mesón que foi recuperada para a ocasión e que está situada na estrada que comunicaba Lugo con Viveiro.

A exposición fotográfica A Malla de Pascual 1957 reúne unha serie fotográfica realizada por Antón Beiras na eira da casa dos de Pascual e agora exhíbese por vez primeira onde foron tiradas asfotografías e onde os seus protagonistas realizaban unha das tarefas do campo máis importantes para o súa subsistencia.

A dignificación do traballo, o papel da muller nos labores agrícolas, a contribución de nenos e nenas na malla son elementos claves que Antón Beiras busca retratar e que pon no primeiro plano do seu obxectivo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1365180015564